be hapi



SER FELIZ A PESAR DO ASFALTO
A felicidade non é patrimonio de ninguén
Non está suxeita ás leis do mercado
Nin é un superpoder
Pero é tan desexable
Que hai quen pretende roubala ou mercala
Ou que lle caia de bobilis bobilis
Sen decatarse
Que ninguén a consegue
Por arte de maxia

A felicidade modélase
Con liñas trazadas a plomo
Que hai que correxir
A diario


ás veces este labor
de ser felices
é máis doado
se nos permitimos
algún que outro milagro
(só hai que fixarse un pouco)

-mensaxe subliminal enviada por vía telepática a través das antenas longuísimas do escarabello verde que de cando en vez vén pousar na herba de diante da casa-