máis tarde irei onde as píllaras
furan un tremor
no mesmo centro do universo
onde os cons negros
fican mudos de arneirón
onde o serán deixa caer fervenzas
de follas amarelas
iniciando unha caída
a cámara lenta
saturada e polícroma
onde escoito atenta
agromar os soños verdes
no lugar da desfeita
pero agora
agora mesmo só podo ir á India
abalando no bambán dunha frauta
que vén do interior da Terra
para levarme moi lonxe
de min
cara onde
se xestan
as illas.