Quen dá de comer ás aves

Quen dá de comer ás aves, folgazán,
baixo o céo azul?
Ben. Por unha banda dálles de comer a despreocupación
e por outra o instinto.
E aos lirios?
Aliméntaos o seu destino.
Quen dá de comer pois ao folgazán?
Ten que ser, sen dúbida, un deus.
Espreguiza as cosatas e os brazos, folgazán,
Tenta, deitado, manter unha postura digna.
A ti dáche de comer nada menos que Deus
Es, sen dúbida, un elixido!

GUNNAR EKELÖF: Strountes, 1955