sentadiña na popa
cos pés colgando
toco coa punta do dedo gordo
o universo de tinta líquida
e
obsérvote pormenorizadamente
dásme medo
probo a colgar a cabeza
en vez dos pés
agora está moito mellor
todo ao revés
podo tocarte
coas puntas dos meus pensamentos
o malo é que
du bi do
que poida manterme así indefinidamente
acabarán por durmírseme as pernas
e as ilusións
e despois para
espertalas
vaime levar unha eternidade
así é que
recupero a posición inicial
do principio deste texto inconexo
e continúo
navegando
en cuberta
por ningures
cos pés colgando
contra o medo
en
.
morto
co motor apagado