amores plafónicos



non sei que será peor
o sexo sen paixón
ou
a paixón sen sexo

en calquera caso
sexa como for
 hai risco de afonía crónica
e nestas cuestións
non sempre convén facer
táboa rosa

versión dixital (feita a golpe de rato)
dun cadriño de Fina