erros reincidentes




berros verdes en risadas
chaman por ninguén en silencios negros
para que medren no ar
flores ubícuas


destinxen beos vermellos
nos minutos atrasados
é a hora agora
manchas murmurios brancos
do río en retirada


sopra un pranto de cunchas pretas
nas velas verdes da brétema
os ecos enrugados dun oco
ilumínanse
entre palabras pintadas
a golpe de pistola


unha baba de distancia
cae distraidamente
no amargor do cemento
armado dun movemento
estereofónico


o ruxe ruxe da herba
cala entre os tatexos das follas do libro
entreaberto ao azar
do derradeiro outono


no epílogo da sede
fican pulverizadas todas as pegadas
dos beixos que non darei
á noite nácenlle unllas.

Só era un cometa
perseguindo o seu frío.