augaestancada




É DE NOITE
E imos dar un paseo pola Ferradura
Non ten perda
Nin máis obxectivo
Que dar unha volta literal
Vai lúa chea
E avanzamos na escuridade
Pasada por unha peneira de luminosidade fátua
Dámos cunha pía
De pedra labrada
A lúa xace alí dentro
Durmida
Metes a man
E retírala arrepiado
Sentes que tocas a morte
Xeada