IR CONTRACORRENTE
Un río baixa polo camiño
Eu subo
Deixando pasar auga por enriba dos pés
Que espectáculo!
Que sensación!
Esas augas non volverán pasar por aí
Ningún outro será este momento
Intúo que o que
agardo de min
Non é iso exactamente
Debo estar a trabucarme
Ao pensar que se trata dunha broma robótica
E non do meu corazón
Lañado de parte a parte
CORAZÓN
Nave moi grande
Onde imos almacenando
Todas as derrotas
|