22

Perder o coñecemento                                                                                      
por amor e por ansia de amor
ao simple son dunha voz
ao simple tanxido dunha guzla
iso é o que as lendas contan
Eu sei que é verdade
que a beleza é unha arma
capaz de derrubar príncipes-
Canto dura o esvaecemento?
Unha eternidade, e despois
espertar noutra época
e ollar arredor con asombro-
Que pode ser unha eternidade semellante?
Eu seino. Mil e un latexos
e acordar no mesmo mundo
Pero a marca é indeleble
Non era o teu pé o que eu procuraba
senón o teu pé no Daquela
que dá pasos que levan ao Nada.

GUNNAR EKELÖF: Diván do príncipe Emigion, 1965