Unha ollada
para abater albatros
Dúas olladas para abater a paisaxe
ao bordo do río
Tres olladas
para mudar a nena
en cometa
Catro olladas
para suxeitar o tren que
cae no abismo
Cinco olladas
para volver prender as estrelas
apagadas polo furacán
Seis olladas
para impedir o nacemento
dun neno acuático
Sete olladas
para prolongar a vida
da noiva
Oito olladas
para trocar o mar
en céo
Nove olladas
para facer bailar as árbores
do bosque
Dez olladas
para ver a beleza que se presenta
entre un soño e unha catástrofe
VICENTE HUIDOBRO