1
Fóra da cidade
O meu mundo é unha nube
Verde
2
Amanezo
Sen espectativas
Estupendo!
É o mellor,
Pasmar
3
O xardín ten poucas flores
Nin unha folla se move
Cae unha fina poalla
Vai calor
4
Contra a final do verán
Estase mellor fóra que dentro da casa
O monte estoupou en cores
Con todos os matices da lila
As carrascas ignorándome
Acaríñanme
5
Sei que non estás aquí
Iso está ben
Para quen queiras
E tamén para min
6
Amargarse?
Serve para algo?
Non
7
A ese vento da chaira
Fáltanlle as crinas
Dos cabalos salvaxes
8
Non me gustan os pisos
Non teñen protección contra o espanto
Prefiro unha casa anormal
Con camiños comunais
Por moito que diga MacLuhan
As caricias
En diferido
Son pólvora mollada
10
O céo e o mar de fóra
Son unha cuncha de nácara
Xigantesca
Abalando feliz en gris
Verde malva
Metalizado
11
Vou pola beira das ondas
En horizonte temporal
De súpeto paro
E entro en vertical
Nun instante
Que escacha contra min, rocha.
12
OCÉANO ATLÁNTICO
Nun plano gris perla
Unha suave pincelada salmón
Virando laranxa rosada
Traza a única liña do horizonte
A partir da cal só se pode ver
Cos ollos da imaxinación
13
Boa proposta:
Autoecoarse
Autodeconstruírse
Autorreformularse