OS TEUS PEQUENOS DEDOS
Se contas os teus dedos
Os teus pequenos dedos
Darás con miles de olladas
Pequenas pegadas
A arder como a silveira bíblica
Incapaces de extinguirse
Así que….
Prendes un pito
E déixalo que se consuma
Len…..ta……men…te….
Sen apenas decatarte
Sentirás saudade
De algo parecido
A esa fértil soidade
Dos aparellos por dentro
Que entraron un día
Nunha avaría
Irreversible
VOO NA CHUVIA
Chove alegremente
Tan alegremente
Que as pingas
Quedan
A
Durmir
.
.
.
Distraídas
Nos tellados……
Entre as follas
Das grandes árbores
Alcalinizando o meu ollar
Despalpabrexadamente
Sen chegar a
Como dis?