JAZZ TROPICAL
Soa unha música rara
Unha especie de jazz árabe
Iso unido á temperatura
Monzónica oriental
Proxéctame nunha onda
De tan longa distancia
Que decido botarlle unha sesta
Porque non podo con ela















CONFIDENCIAS ENTRE PARÉNTESES
Deixarse levar pola corrente
Está ben
Un pode chegar moi lonxe
Pero o que non sabes
É se es ti  quen chega