É OUTONO
E todo se cobre
De ouro vello
Andamos polos estreitos camiños
Entre os prados
Levamos unha sintonía
No sangue
Que emite as 24 horas música clásica
Soa unha agonía de violín
Todo é tan fermoso
Que case choramos
Sentímonos nun cadro
A tarde é o museo
E nós os fuxidos
Dun cartel publicitario