IMAXE SEN REFERENCIAS
Tal día coma hoxe
Os meus ollos viron
A imaxe máis arrepiante
Da miña vida
Unha ratatata humanizada
En muller
Ou unha muller ratititizada
Como non!
A espanta tiña que ser
Dun espantallo
Creado por ninguén
Para ninguén
Por nada?
Asústote
Para vencer a túa resistencia
E que non haxa sangue
Ou que haxa o mínimo
Posible
O sangue só bota para atrás
Mentres que o terror anula
E o gran artista
Que non cre na arte
Vive anulando
E anulándose
Quen non ten
O suficiente valor
Para afirmarse
Comunica
A súa carencia
Facéndose eco do nada
Que descoñece
Porque ao nada só chega quen morre
E quen morre
Xa nada pode dicir ao respecto
Ben, eu só quería
Desagradecer
Unha imaxe grotesca
A máis fea que vin nunca
Na miña vida
Non son de moito cine fantástico
Afortunadamente
Moi poucas fantasías
Se fan realidade
E o que fantasiamos
A maior parte das veces
Queda reducido
A pura pantasmagoría
Neste caso
Noxenta
Se este é o estilo de realidade
Que a mente humana
Pode chegar a deseñar
Entón é mellor soñar
Porque os soños
Perde coidado
Endexamais se cumpren
Aínda que sexan pesadelos
E para exemplo un botón
Jacques Resch |