que non daba coa persoa gramatical adecuada
para referirse a si mesma
o eu parecíalle bochornoso e carente de substancia (no fondo era moi tímida)
o ti era un falso reflexo deformante (metía sustos de morte)
o el e a ela estaban lonxe de máis para teren credibilidade
os nós sempre levantaban sospeitas e falsas expectativas con x
os vós eran excluíntes e tribais e cheiraban a ultimatum
os eles e as elas ubicábana no recuncho máis afastado da galaxia chamado mortenvida
entón decidiu quitarse do medio
para nacer
transformada en persoa
e que os pronomes se buscasen a vida nos teatriños de ficción
(se vostede le isto
e sente que se identifica
por favor, non o conte
quedaría de novo convertida
noutra personaxe
aínda máis rara e obtusa
que a anterior
e xa me contará
que gañaría vostede con iso)
escolleu a vida
para constatar que
se pode con ela
amar, amarte
non en Marte
senón aquí, na Terra,
á sombra clandestina dunha oliveira da resistencia
no epicentro do desastre
Val del Omar Desbordamento Colaxe |