a luz xa non insiste
e aboia peneirada e perfecta
invítándome a nadar
para quitarme de enriba
o frío que está por chegar.
o mar é unha manta de auga
que se abre para arrouparme
e protexerme de toda enfermidade.
saio do meu nadar sen radar
colocada de todo
por todos lados
móvome alelada
non é doado saír sen máis
dun punto suspensivo
en flotación
(
..... )
e recuperar a gravidade
mesmo teño a sensación
de que todas as miñas palabras
afogaron
mañá tentarei trincalas
brincas na pel
blindada