a rir de min


deixo que o camiño me leve
coa mesma lixeireza
con que as nubes se perden
cando pasan


dou cun lugar senlleiro
onde sento tranquilamente


sinto a presencia invisible de algo
que me persegue
aparece e desaparece
caprichosamente
a rir de min
por entre as árbores 


debe ser un ser lixeiro
porque o seu paso non move
nin os máis tenros fentos


debe levitar no ar
porque non deixa 
nin o máis mínimo rastro


a súa risa burlona
non me chega en forma de ondas sonoras
pero síntoa arredor miña
reclamando a miña atención


non me asusto
nin me importo con iso
pero quedo intrigada
por saber cal pode ser o aspecto
de algo que ri así de min
desa maneira




penedos pezas