se a neve
non se vive
acaba botándose
en falta
e
toda lumieira
sobra
se a noite
non se deita
acaba por vir o día
que nunca remata
ata que morres
de repente
se a mañá
non se ergue
polo propio pé
con alegría
acabas en muletas
levando unha vida
de mula
se o serán
non eclipsa
a clepsidra
a sede será
de sede con gasansiosa
se a lingua
non che vale
usa os pés
e as unllas
para rabuñar
no muro
consignas luminosas
se a vida
non se che curva
imprevista
en zona descoñecida
para que a queres?