e cada quen é moi libre de inventar
o que lle pete
pero a min non xogues a inventarme
eu nacín con potencial abondo
para reinventarme a min mesma
así que é mellor que non botes as patacas
nos mapas
porque morrerás de fame
e procura augas limpas
libres de estroncio
para que a túa homosexualidae
non sexa administrada en sabias doses
dende arriba
e adquirida sen consulta previa
oh, inxenuo consumidor da megalópole, hipócrita lector.
fría hortensia |