unha estraña choiva
empeza a secalo todo
a ralentí
o día bebe
da súa sede
a noite cospe
restos de po
unha fina tormenta de alta voltaxe lumínica
cobre o mundo
cunha pátina fosforescente
paso o dedo
debuxo un nome
anónimo
sen letras
pinto ollos
que se abren e pechan
de maneira automática
para ficar sempre abertos
insomnes
cíclicos
fotóns
caen rochas de luz
discontinua
na discoteca cósmica
o que eu daría
por rescindirlle o contrato
ao matón da entrada