da realidade semella non quedar máis que o puro óso, uuuuummmmm, do que penduran aínda algúns fragmentos, ñiajjjjjjjjjj, apesta a prea podre, buaffffffffffffffffff,
cun pouco de sorte
aparecerá o can cósmico
con fame atrasada
e roerá nel ata a máis mínima fibra
e cando xa non quede nada
empezará a devorar o calcio
do mundo real ata deixalo
sumido en pura astela de si mesmo.......
ufffffffffffffffffffffff
daquela agardo
que volverá a lucir espléndida
e trémula
a pelaxe renovada da fábula
con que alimentar
esa invención
que chamo
a vida xxxxxxxxxxxxxxxxxx
dunha incógnita