e ficamos nós s.o.s...........ficando!





ESCADA AO CÉO



AGATULLEANDO
enriba daquel tellado
anda o gato agatuñando

GATOIVOTANDO
por enriba daquel gato
ándache unha gaivota
gaivotando

AGAIVOANDO
enriba desa gaivota
anda unha águia soa
aguiando

CHORIANDO
enriba da águia soa
aínda chora o céo
chorovecendo
choroceando
choverecendo
choveceando
e non se farta

ANUBARROLANDO
enriba do céo
rolan as nubes 
anubarando
e anubando

NUBASOLANDO
enriba das nubes
debe andar o sol
sempre só
soleando e
solambulando

CORRIFORMIGANDO
enriba do sol
corre unha formiga
formigasolando

EMBURRORNEANDO
enriba da formiga
ornea un burro
corriformigando
para que non o fumiguen

GALIBURRIÑANDO
enriba do burro 
ándache un galo 
galiñándolle ao gato


aquí abaixo só quedamos nós
á fin sós
CANTANDO!
AI LARALARALARALAAA!