templo
camiños que converxen
azul portugués
marchando ou chegando
proposta dun sol xapoñés
luz eléctrica ontra os fachos dos astros
no pexegueiro en flor
xestas e delirios amarelos
voan
as pedras encantadas
de paseo
as searas
o escenario resucitado
o fondo amarelo índigoe e laranxa limón
a cadeira verde esfiañada
o cuarto sen cuarzo
onde non te agardei ás veces
menhires ben chantados en terra
lanzais
vías lácteas amamantados os cueiros do céo
retallos de realidade
unha nube entra e sae
o sol por chapeu
céo realista
árbore río
pés botas de pel
mananciais e tacóns
ouro frixido
outro fuxido
soños densos
follas ao azar nas máscaras do día%
respostas desinmantadoras
lirios histéricos ollada
observadora de máis
viaxe astral
latas en marte
despregamento inencartabe regular
batracios dourados axexan ananos
ollo que é o que mira
todo arrecende a mañá
mazá ocupando todo o espazo coutado
poalla de gabáns e sombreiros
lume de sifón
coitelo queixo esculpido
incendio no centro da palidez
orella ferida de oído cósmico
invertido ingrávido
a punto de neve
azucre de máis
voando en globo pitolín
nubes de tona atenta.
versión lingüística desta colaxe visual