non sens

na forma de
dar co sentido
como para
andar
portas máxicas
sendeiro-lique
herba mil entre
vexetación das dunas
respiración das pedras
case tocando
mineral a pluma talla
voo musgo area
ventre entre
as túas mans de auga
corpo de seda en sede
senta respira
canta cala cunchas
silencio de fósforo
veos escuma do negro
mineral o sol azul
gris contra
ventá transparente
creo pinto esquezo as unllas
borra esa marea
barco festa navegación
esquezo o meu nome humano
flor da resistencia
real o imposible
desde agora neón
marcas na área curvas
destino ti non
eu tamén
nós
tampouco