Amosando publicacións coa etiqueta fotopinturas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fotopinturas. Amosar todas as publicacións

todo corazón







sombrazul









OS TEUS PEQUENOS DEDOS

Se contas os teus  dedos
Os teus pequenos dedos
Darás con miles de olladas
Pequenas pegadas
A arder como a silveira bíblica
Incapaces de extinguirse
Así que….
Prendes un pito
E déixalo que se consuma
Len…..ta……men…te….
Entre os teus pequenos dedos
Sen apenas decatarte
Sentirás saudade
De algo parecido
A esa fértil soidade
Dos aparellos  por dentro
Que entraron un día
Nunha avaría
Irreversible




VOO NA CHUVIA

Chove alegremente
Tan alegremente
Que as pingas
Quedan
A
Durmir
.
.
.
Distraídas

Nos tellados……

Entre as follas
Das grandes árbores
Alcalinizando o meu ollar
Despalpabrexadamente
Sen chegar a
Como dis?