Amosando publicacións coa etiqueta pictopoemas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pictopoemas b>. Amosar todas as publicacións
cronoloxías ubicuas
cores da mañá
unha brocha invisible
pinta de raras cores o ar
empeza a arrecender a azar
é só un intre parado
nas muletas eivadas
do tempo
árbore varada
toda a noite
a lúa brillará en van
obviando as farolas humanas
que rouban toda expectativa
á palidez ao céo
pola mañá cedo
a súa fermosa caveira
deitarase a durmir
no medio da ría
nun niño de algas fosforescentes
para que nazan estrelas mariñas
no ollo incendiario
dun sol
anémico.
partículas de ubicuidade
con fragmentos dun eu voador
deseño espazos amplos e nítidos
onde dar contigo para desabrazarte diáfana-mente
con anacos dun eu moedor
fago muíños para situarte
o máis lonxe posible da miña sombra cambiante
con pequenas partículas do meu dia-fragma en flor
transpírote, exhálote, disíntote e esfrágote,
meu pequeno cometa interior
con milimétricos alentos
da miña emoción
fago un canto que te alcance
no mesmo centro de operacións
desta latencia tétrica
con ínfimos átomos dos meus electróns
chego onde nunca chegarán os trens
de alta velocidade nin os grandes buques
que atravesan a liña do horizonte
nun silencio intolerable
con case nada dun min soñador
consigo enredar novelos invisibles
nesta mítica soidade
de redes de dados ao azar
para enmallar saudades,
nun minúsculo angulo do meu eu reflector.
palabras en flor
retórceste durmido
nun escuro aceno medoñento
no despedazado cuarzo do cuarto
ti
en po de insecto
esfarélaste
por dentro
moi
adentro
no camiño de volta
de volta a casa
sen pensar
sen prestar odios
a nada
dáme por
facer puntos pigmeos de pigmentos
que quedan retidos
na miña retina
unha micra de segundo
mentres
ando
todo está mollado
limpo
con ánimo cristalizado
en arrecendos
básicos
que esvaecen
nun momentiño
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














