a conciencia era verde
e comeuna a vaca da ciencia
sen tomar conciencia
de que estaba así
devorando
calquera posible obxectivo
que non fose tecnolóxico
desta maneira a conciencia
converteuse na ciencia de facer pallas
coa tecnoloxía
coñezo un señores, moi simpáticos,
que adican toda a súa enerxía virtual
a engrandecer o turbio negocio pornográfico,
ese tráfico de carne humana
cun exército de voluntarios
dispostos á gratuidade barata
Uns seudoanarquistas alquimistas
que fan de cada capa un saio de caspa
piollenta
e cando algún deles me pregunta
se quero falar sucio
nin lle contesto
pero penso que ben llo podía preguntar
A SU PUTA MADRE