Amosando publicacións coa etiqueta vídeos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta vídeos. Amosar todas as publicacións

Charlie Parker-Lover Man





PERDENDO OS OLLOS POR AÍ

a festa fora rachada e durara de máis
acabastes superpi e máis ti empotrados contra un muro
o coche quedou para o desguace
e a cunca dun  ollo baleiro foi parte do saldo
e liquidación
puxeches un de vidro
rarísimo
e a xente veña a meterse contigo
para quitarlle ferro ao asunto
dicíndoche: non me mires co ollo raro!

non tardaches en volver ás andadas
sempre escaso de cartos
vendías calquera cousa
e un día apareciches
con caixas e caixas
de latas da única fábrica artesanal que quedaba
xouba, mexillón, xarda, bonito (do mellor)

mercáronchas todas
a operación fixéchela na punta do muelle
marchaches contento
e houbo quen probou as mellores conservas da súa vida
o malo foi o ollo
que quedou no camiño

era o da luz tenra
de meniño escachapedras
que aínda ignoraba
que algunhas randeeiras
van dereitas
aos sumidoiros

a vella fábrica pechou
no sitio hai un supermercado
onde se venden latas
facturadas por máquinaria moderna
recheas de peixe podre importado
a prezos de liquidación







danza de flor

cores da mañá





unha brocha invisible
pinta de raras cores  o ar
empeza a arrecender a azar
é só un  intre parado
nas muletas eivadas
do tempo

Georgia O'Keeffe







1
Oculta en códigos de barras
A morte anda na feira
Dicindo que todo é dela


2
Da boca deses penedos
Nacen
Flores oceánicas
Son pétalos-peixe


3
En diferido
Calquera anomalía
Serve de banco de néboa


4
A  gris
É unha cuestion de pigmentos
Un rexistro de incidencias no aceiro

se cadra




todo isto semella tan grande
que non creo que teñamos capacidade abonda
para interpretalo na xusta medida
dos milagros

teremos que sometelo á lóxica das asembleas
constituídas por auténticos descoñecidos para si mesmos

de maneira que sen dúbida
acabaremos transformando un torrente impàrable
nun interruptor avariado

de maneira que teremos que autocongratularnos
pola gran onda de indignación
encauzada nas reservas
dos sumidoiros