Olga Orozco: Non estabas no meu limiar





Non estabas no meu limiar
nin eu saín procurarte para colmar os ocos que fragua a saudade
e que agoiran nenos ou animais feitos coa substancia da frustración.
Viñeches paso a paso polos aires,
pequena equilibrista na táboa flotante sobre un foxo de lobos
enmascarado polos farrapos radiantes de febreiro.
Viñas condensándote dende a encandilada transparencia,
probando outros corpos como pantasmas ao revés,
como antecipacións da túa eléctrica envoltura- o ourizo da néboa,
o globo dos lustrosos viláns prendidos, a pedra imán que absorve
o seu fatal alimento,
o refacho emplumado que vira e para arredor dunha brasa
en torno dun tremor-
E xa apareceras neste mundo, intacta na túa negrura
inmaculada dende a cara 
ata o rabo, máis prodixiosa aínda que o gato de Cheshire,
coa túa porción de vida como unha pérola vermella
a brillarche entre os dentes.

OLGA OROZCO