hai poemiñas
coa consistencia
do papel de báter
que digo!
case acadan a textura
do papel de fumar
é que están feitos
con pasta de celulosa
da factoría do desprezo
sucede a miúdo
cando nos atrevemos
a vivir sen amor
e reducimos a cuestión
a mamadas
e babas de mamóns
( se a alguén lle proe, que rañe allos)