uf! que calor!

cando te queres dar conta
o leite ferve e vai por fóra
fuxindo da súa calor interna
(insoportable)
por pura macana cósmica

unha cousa é a calor
e outra a temperatura

ou

unha cousa é o touciño
e outra a velocidade

e tamén

adoro os polbos perdidos nun garaxe

ou

Proust é un coñazo!