polimetrías alfabéticas

poli a mares
pólas polícromas
polibolígrafo polidixital
polichave mestra
polichurrusco
polidifusións en dierido
poliempatía polienfática
polifonía festeira para matar polifames, poliformas múltiplos da deformidade
políglotas polihomónimos
polihumus palíndromo
poliincrustacións na poliinfinitude
poliloureiros poliincrustados nunha poliinfusión
polimareas nas mans
poliñoquis polirecheos de poliuretano
poliópticas para pelos pálidos
polirrisas rosas rusas
polisalitres de safa como poidas
politiquiños de polilixo abstracto
poliuvas poliviúvas de síntese
poliviño peleón de polivida pulida
polixesto polixélido
pólizas de polizón
polito piloto
pílula de pólipos
peleopolo de ópalo
leopolo
arañápodo
paquitiño de pitos poros
caixa de mistros apagados
cofre de poliananizacións
poliántropo
poliópetro
etz

polimandala