tatuado na media noite
un gran lunar branco
expándese
na superficie negra
dunha mancha de tinta chinesa
fluída
miles de vagalumes
forman un enxame portátil
a medida que ando
sen pechar os ollos
a negrura vólvese azul ultramariña
&
voan en nubes compactas
todas as miñas ideas
cara os portos fosforescentes
dun presente inmóbil
sen marcos