o mar e o céo
nacen dunha aliaxe
inspirada no uranio
das estradas
un pincel frío
e remoto
traza ríos
negros
os manchos brancos
das flores da robinia
lampexan
deslumbrantes
contra a sombra
metálica
da tronada