autoantropofaxia



a conciencia era verde
e comeuna a vaca da ciencia
sen tomar conciencia
de que estaba así
devorando
calquera posible  obxectivo
que non fose tecnolóxico

desta maneira a conciencia
converteuse na ciencia de facer pallas
coa tecnoloxía