safando

acaba de marchar a lus
de repente
blic!
parece que de maneira fortuita
regresando dunha asemblea hiperaburrida
e errabunda
comigo mesma e máis cun cantos visiños
todos con can
e muro
e portal
e garaxe
......se cadra nun instantiño volve
e isto non ten nada que ver cun ensaio xeral
do gran apagón,
dixital, analóxico,
VHS
 e todo tipo de vinilo
alén de todo tipo de aparellos eléctricos
sen lus pa nada

se iso chega, sen previo aviso
porque a eletrisidade é así
ou todo
ou nada

postos no caso
sería un mundo de interesantepreguntarse
que fariamos

mesmo me dá por pensar
porque teño o malpocado costume de pensar cando no  durmo
que a metade máis gorda do unto
estaría solusionada
que ilusión!
e coa outra metade
danme arreguizos de pensalo
que fariamos para safar?

porque un apagón monumental e planetario
que se saiba
non mataría absolutamente  ninguén
menos a algún que outro
empresario
de fotóns voltaicos.

Pois ben:
a safar
apréndese
safando
e a falar
falando
e así atizando


apréndese
a atizar.


Malandro!